A democracia está sufrindo duros ataques desde posicións
conservadoras. Entre eles destacamos moi especialmente dous. Por un lado, o
intento de imposición da ideoloxía do mercado, co seu propósito de mercantilización
de todos os servicios, ente eles o dereito á educación; por outro, a defensa
da seguridade frente á liberdade e os dereitos cívico-políticos fundamentais.
Vivimos tempos contradictorios e de des-educación nos valores
democráticos, da paz e da liberdade. Así, mentres que os máximos dirixentes
do noso mundo están a falar da liberdade, da democracia e da paz, eses mesmos
dirixentes están a preparar unha guerra contra Irak, aumentan os gastos militares
e os presupostos adicados á investigación militar nos presupostos xerais dos
estados, recortanse as liberdades fundamentais e a democracia queda convertida
nunha caricatura de si mesma. De feito a democracia está sufrindo duros ataques
desde posicións conservadoras. Entre eles destacamos moi especialmente dous.
Por un lado, o intento de imposición da ideoloxía do mercado, co seu propósito
de mercantilización de todos os servicios, ente eles o dereito á educación;
por outro, a defensa da seguridade frente á liberdade e os dereitos cívico-políticos
fundamentais.
O primeiro desenvolvese a partir da década dos setenta do século pasado, aínda
que de forma rápida a partir de 1990 coa caída do muro de Berlín. É a etapa
da consagración da globalización neoliberal e do mercado como garante da liberdade.
Considerase que os gastos dos estados en servicios públicos, entre eles a educación,
son caros e ineficaces. Deste xeito aparecen conceptos como competitividade,
flexibilidade, calidade, etc., que se asentan na imposición do mercado como
garante de calidade e racionalización. Os feitos, sen embargo, encarganse de
demostrar o contrario. Neste escenario máis que cidadáns se nos quere convertir
en meros espectadores-clientes, sustituindo o vivir polo consumir, o decidir
polo delegar.
O segundo ataque, máis reciente, ten igualmente un rápido desenvolvemento a
partir dos atentados en EE.UU do 11 de setembro de 2001. Organizacións como
Human Rights Watch ou Amnistía Internacional, entre outras, teñen contrastado
e denunciado como unha das vítimas da crise do 11-S están sendo a liberdade
e os dereitos humanos. En varios países do mundo, ente eles tamén España, en
nome da loita contra o terrorismo teñense adoptado medidas que conculcan as
garantías para a protección dos dereitos humanos, establecendo unha falsa dicotomía
entre seguridade e liberdade. Dicotomía que non só é contradictoria senón que
ademáis é moralmente inaceptable. Os atentados contra a vida e a liberdade non
poden combaterse con morte e menos liberdade. Sen dereitos humanos non pode
haber seguridade nen democracia. A defensa da seguridade non pode acarrear máis
inseguridade para todos e menos liberdade.
Un currículum democrático e para a democracia ten que plantear unha e outra
vez estes dilemas e conflictos aos estudantes ao mesmo tempo que se lles debe
ensinar as conquistas da humanidade neste terreo, que non é outro que a loita
pola dignidade, a igualdade e a liberdade. Ademáis, un currículum democrático
debe presentar a historia e os feitos que desenmascaren as mentiras e o engano,
e comprometer aos estudantes na práctica da democracia en lugar de adoctrinalos
co mito da democracia.
Un vitae democrático esixe que a educación transcurra desde estratexias metodolóxicas
e organizativas participativas e democráticas. Se queremos que a escola forme
a persoas democráticas e participativas, ela mesma ten que estar organizada
desde estos presupostos. Por eso, a búsqueda dunha sociedade plenamente
democrática require non só que o sistema educativo fomente unha actitude libre
e participativa para a vida social futura, senón que o propio sistema educativo
esté articulado desde os principios nos que di fundamentarse. E aquí temos que
denunciar as contradiccións das políticas conservadoras, como é o caso do proxecto
de Lei de calidade da educación que se está a discutir en España, que supoñen
un claro retroceso das estructuras organizativas democráticas, ademáis de outros
aspectos tremendamente negativos como a guetización dos centros públicos e a
segregación do alumnado en itinerarios.
Educar para a cidadanía democrática implica, pois, revitalizar os órganos colexiados
de participación e xestión do centro. Igualmente, no ámbito da aula temos que
seguir utilizando e reivindicando as técnicas freinetianas de organización,
tanto pola súa utilidade como pola súa coherencia cos principios democráticos.
Entre éstas últimas citamos as asambleias de clase; os planes de traballo; a
cooperativa; a biblioteca de aula; etc. Con elas tratamos de facer real a democracia
participativa nos centros educativos, ademáis de potenciar a autonomía, a cooperación
e a corresponsabilidade tanto na toma de decisións como en todos aqueles aspectos
que atinxen á vida do centro.
|